As obras de restauración do retablo da Virxe das Neves iniciaranse a vindeira semana

As obras de restauración do retablo da Virxe das Neves iniciaranse a vindeira semana

O pasado martes, 4 de febreiro de 2020, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural notificou formalmente a autorización dos traballos de restauración do retablo lateral da igrexa parroquial, dedicado á Virxe das Neves.

Así unha vez concretados os prazos coa empresa adxudicataria da obra, ARTE-3 Restauración de Ourense, estímase que as obras darán comezo a vindeiro mércores, 12 de febreiro do 2020.

Por indicacións da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e para eliminar do mellor xeito posible os repintes do retablo, vaise proceder ó seu desmonte. Por tanto, este será trasladado en pezas ás instalacións da empresa ARTE-3, onde persoas cualificadas en restauración realizarán os traballos descritos no proxecto presentado ó Bispado de Ourense e á Xunta de Galicia. Unha vez finalizada a intervención, este volverase montar no seu lugar de orixe, por iso queremos pedirvos tranquilidade e paciencia.

Finalmente, e no que atinxe a situación económica, a asociación de veciños leva recadado o 88,25% do orzamento total da obra, polo que aínda queda por xuntar o 11,75% restante , é dicir, uns 510 €. Así, se aínda o considerades oportuno e queredes colaborar con esta iniciativa de recuperación do patrimonio cultural, podedes facelo no número de conta da asociación ES26 2080 5316 1130 4000 3294 (ABANCA) ou xunto ó secretario (José Manuel) durante as fins de semana.

Unha vez máis moitas gracias pola vosa comprensión e colaboración.

07 de Febreiro do 2020




Destacamos