A praga da avespa velutina suscitou o interese das veciñas e veciños da Broa

Unhas trinta persoas se animaron a participar deste curso práctico no local social de Zarracós

A praga da avespa velutina suscitou o interese das veciñas e veciños da Broa
A praga da avespa velutina suscitou o interese das veciñas e veciños da Broa

A praga da avespa velutina suscitou o interese das veciñas e veciños da Broa
A praga da avespa velutina suscitou o interese das veciñas e veciños da Broa

O pasado sábado, día 7 de marzo, máis dunha trintena de persoas se animaron a vir ata o local social de Zarracós para gozar dun entretido curso sobra unha das especies invasoras que máis dano está facendo ós ecosistemas autóctonos: a avespa velutina.

Ó longo de dúas horas, Luís (o poñente), foi debullando os aspectos máis destacables deste insecto que está facendo auténticos estragos nas colmeas de abellas. Así, dende que esta especie invasora entrou en Galicia, aló polo ano 2011, non fixo máis que propagarse polo noso territorio de xeito exponencial aproveitando a climatoloxía e o curso dos ríos.

Segundo o poñente e segundo a opinión de case todos os expertos, a velutina veu para quedarse e vai ser case imposible erradicala, por iso, unha das únicas formas de minguar a súa repercusión é o trampeo, que debe facerse dende o mes de marzo ata o mes de xuño, dado que é cando esta esperta da seu letargo invernal e se dispón a facer postas de ovos para crear novos niños, é dicir, case todas as avespas que se poidan capturar nesta época do ano serán raíñas, polo que cada unha que se atrape evitará unhas 10.000, que son o número de membros que soe ter un niño de velutina. Durante o verán, se vemos un niño de velutina o mellor e chamar ó número 012 para que procedan a retiralo, pero as trampas xa non serán efectivas.

Unha vez finaliza a exposición teórica, Luís ensinou ós presentes como facer as trampas empregando unha botella de plástico grande e dúas pequenas. Estas deberán encherse ata un terzo cunha mestura feita de auga morna, azucre e lévedo de pan nunha proporción de 5 Litros de auga, 2 quilos de azucre e 50 gramos de lévedo.

Dende aquí queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a Luís polo seu bo facer e polo seu altruísmo e dedicación. Agardamos que este curso teórico-práctico fose do agrado de todos aqueles que vos animastes a participar.

08 de Marzo do 2020




Destacamos