A edición 2020 da festa do San Ceriz será algo distinta

O Sábado 13 de Xuño do 2020 haberá pulpeira no campo da festa da parroquia de Zarracós

A edición 2020 da festa do San Ceriz será algo distinta

Dende a Asociación de Veciños queremos manter a maior parte dos eventos e actividades que tiñamos programados ó inicio deste ano, por iso procuramos novas alternativas para evitar a súa cancelación total.

Así, e aínda que neste 2020 non poderemos celebrar o xantar popular do San Ceriz do mesmo xeito que anos anteriores, non significa que non poidamos celebralo igualmente nas nosas casas coa nosa familia, por iso o vindeiro sábado, día 13 de xuño, a pulpeira que ten realizado esta comida todos os anos estará no campo da festa de Zarracós.

En consecuencia, deberedes encargar as vosas racións de pulpo antes do domingo, día 7 de xuño, nalgún dos seguintes teléfonos 650 186 732 (José Manuel) ou 988 263 702 (Manuel Taín). E o día 13 de xuño, a partires das 12.00 horas poderedes pasar a recoller o voso encargo no campo da festa. O prezo da ración será de 8€ e o pago deberá realizarse no momento de recoller o pedido á pulpeira.

04 de Maio do 2020




Destacamos