Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

Domingo, 28 de xuño, ás 10.30 da mañá en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda convocatoria.

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós convoca a todos os seus socios á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o vindeiro domingo, 28 de xuño, ás 10:30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda convocatoria (11:00 horas), no campo da festa de Zarracós, cos seguintes puntos na orde do día:

 

  1. Festa das Neves 2020 (Programación cultural alternativa)
  2. Presentación contas restauración retablo lateral
  3. Lista do San Cristán
  4. Obras campo da festa (Mover de lugar dous elementos do parque biosaudable)
  5. Rogos e preguntas

 

Esperando que asistan dada a importancia dos temas a tratar, reciban un cordial saúdo.

 

IMPORTANTE

  1. A asemblea xeral extraordinaria realizarase ó aire libre coa finalidade de extremar as medidas sanitarias.
  2. Intentarase que a duración da asemblea sexa o mínima posible.
  3. Sempre e cando non sexa posible respectar a distancia de seguridade (1,5 metros), será esixible o uso de mascarilla.

 

19 de Xuño do 2020




Destacamos