Ó cobro a cuota da festa para o ano 2020

Segundo o acordo da maioría dos socios presentes na asemblea xeral extraordinaria celebrada o pasado domingo, día 28/06/2020, manterase en 80 €uros

Ó cobro a cuota da festa para o ano 2020

Infórmase a todos os membros da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós que a cuota da festa para o ano 2020 xa está ó cobro.

O importe desta, tal e como se acordou por maioría dos socios presentes na asemblea xeral extraordinaria celebrada o pasado domingo, día 28/06/2020, será de 80 €uros.

Para aqueles que non puideron asistir á mencionada asemblea, infórmase que  se vai levar a cabo unha programación cultural alternativa baseada en alboradas con charanga, concertos e monólogos. Preténdese así realizar unha adaptación da celebración tradicional que permita aplicar as máis estritas medidas sanitarias propostas polas distintas administracións públicas, ó mesmo tempo que se preserva a saúde do público en xeral.

Por tanto, e tal e como se informou, aínda que para financiar este formato de celebración sería suficiente cunha cuota algo menor, votouse por manter o importe de 80€, de xeito que o diñeiro sobrante se poida investir en: adquisición de equipamento, solicitude de subvencións, obras menores,... ou calquera outra cousa susceptible de ser levada a cabo pola asociación no ben común.

Así, poderán facela efectiva xunto ós membros da Xunta Directiva de costume, ou se así o desexan, na conta de ABANCA: ES26 2080 5316 1130 4000 3294, indicando o seu Nome e Apelidos.

Agradecendo a súa colaboración con esta asociación de veciños e esperando que esta pequena celebración permita romper a monotonía destes meses tan duros e tristes.

 

29 de Xuño do 2020




Destacamos