Esta semana o Ministerio de Política Territorial procedía a colocación do cartel anunciador do proxecto do local socio-cultural de Zarracós.
Así, aínda que a ubicación do mesmo non sexa a máis idonea, dado que está localizado na entrada ó pobo de Fontao, o importante é o contido do mesmo.
Tal e como se viña anunciando nesta páxina web dende hai unha tempada ,a obra é promovida polo Excmo. Concello de A Merca, e financiada con cargo ó FONDO ESTATAL PARA O EMPREGO E A SOSTENIBILIDADE LOCAL, sendo a empresa contratista CRUZVAL S.L de Gomesende. O orzamento para levar adiante este proxecto é de 75.250 €uros e o prazo de execución de 3 meses.
05 de Xuño do 2010