Telefónica arranxou o poste caído no barrio dos Trizós

Tanto o poste como os cables levaban varios meses tirados polo chan

Telefónica arranxou o poste caído no barrio dos Trizós

Despois de que un veciño se queixase en múltiples ocasións ante a empresa de teléfonos, recibindo nula resposta a súa demanda, e despois de que esta asociación de veciños tamén se queixase publicamente a través das redes sociais, por fin Telefónica procedeu a arranxar o poste de teléfono e os cables que levaban varios meses caído no barrio dos Trizós en Zarracós. Isto supoña un problema de seguridade para os viandantes e para os veciños e veciñas lugar, que tiñan que sortear os cables para poder acceder as súas casas ou para ir á fonte do pobo.

 

19 de Xullo do 2020




Destacamos