Aviso: Cancelación programación cultural Zarracós 2020 e devolución da cota ós socios que xa pagaron

Aviso: Cancelación programación cultural Zarracós 2020 e devolución da cota ós socios que xa pagaron

AVISO

CANCELADA A PROGRAMACIÓN CULTURAL ZARRACÓS 2020

Lamentablemente, vémonos na obriga de cancelar a programación cultural alternativa aprobada na asemblea xeral extraordinaria do 28/06/2020, posto que o Concello da Merca non nos concede os permisos necesarios.

Se este ano xa está sendo bastante escuro e triste, agora vaino ser un pouco máis se cabe. Dende a asociación de veciños ideamos e buscamos unha alternativa adaptada á nova normalidade, baseada en: concertos, monólogos e música de rúa, co aforo limitado, co público sentado e  nun entorno ben delimitado, con xel desinfectante, con máscara obrigatoria, con entradas e saídas diferenciadas, con sinalización... todo canto dita a Resolución da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 2020 e incluso máis. Pero todo isto non foi suficiente e o Concello da Merca decidiu desestimar a nosa proposta cultural, polo que nin unha simple alborada imos poder realizar.

A asociación puxo todo da súa parte e non podemos máis que sentilo enormemente polos veciños e veciñas da parroquia e polos artistas que agora quedan sen traballo.

En consecuencia, ó longo dos vindeiros días iremos devolvendo a cota a todos os socios que xa procederan ó seu pago e non cobraremos máis.

 

21 de Xullo do 2020




Destacamos