Completada a financiación para instalar contedor de tapóns solidario

Proximamente colocarémolo ó carón da igrexa parroquial de Zarracós

 

Completada a financiación para instalar contedor de tapóns solidario
Completada a financiación para instalar contedor de tapóns solidario

Dende a asociación queremos agradecer a todos os veciños e veciñas da contorna a enorme implicación amosada con este pequeno proxecto solidario, só así se pode entender que foramos capaces de vender 100 papeletas en 7 días e recadar os máis 400€ euros necesarios para instalar o contedor de tapóns. MIL GRAZAS!

Así unha vez conseguido o diñeiro necesario, nos vindeiros días procederemos a encargar o contedor de tapóns a un bo ferreiro, para seguidamente instalalo xunta á igrexa parroquial de Zarracós. Un lugar de tránsito, que de seguro permitirá colaborar a todos os veciños e veciñas da Broa.

Cómo construír un contedor de tapóns caseiro?

Agora está na man de todos nos colaborar reciclando os tapóns de plástico, para iso propómosvos facer un pequeno contedor caseiro usando unha botella de plástico de auga de 1.5L ou 2L, ou se o queredes máis grande, tamén podedes usar unha garrafa. Así, soamente tendes que facerlle un oco na parte superior, máis próxima ó bico, ben cun cúter ou cun coitelo ben afiado, e xa teredes un contedor para almacenar os tapóns que xeredes na casa e posteriormente levalos ó contedor que vamos instalar xunto a igrexa parroquial de Zarracós (Na imaxe axunta a este artigo tendes un exemplo visual).

 

30 de Agosto do 2020




Destacamos