Mil grazas a todas e a todos os que colaborastes con esta iniciativa solidaria
Durante o mes de setembro, nun tempo récord de 5 días, vendemos 100 papeletas para o sorteo dun xamón coa finalidade de obter a financiación suficiente para instalar un contedor de tapóns de plástico solidario, que grazas a vosa inmensa colaboración xa está instalado dende hai varias semanas.
Pois ben, o pasado luns 12 de outubro, tivo lugar o SORTEO EXTRAORDINARIO DO DÍA DA HISPANIDADE onde o primeiro premio resultou ser para o número 75541. En consecuencia a gañadora dun fantástico xamón Torres de Nuñez (Reserva 14 meses) é Teresa Taín Olano , posuidora do número 41. Parabens!
Mil grazas a todas e a todos os que axudastes para financiar o contedor de tapóns
13 de Outubro do 2020