O Concello da Merca realiza diversas actuacións no pobo de Zarracós

Colocación de sinais viarias e pintado do parque biosaudable

O Concello da Merca realiza diversas actuacións no pobo de Zarracós
O Concello da Merca realiza diversas actuacións no pobo de Zarracós

O Concello da Merca realiza diversas actuacións no pobo de Zarracós

Ó longo do último mes o Concello da Merca ven de acometer diversas melloras e actuacións no pobo de Zarracós.

A primeira delas ten que ver coa sinalización viaria, dando solución a unha instancia presentada por esta asociación de veciños con data 7 do outubro do 2019, e que consistía na colocación dun sinal de prohibido camións / limitación tonelaxe na entrada da Carpaceira e outro sinal de vía sen saída na entrada do Barrio dos Trizós. No primeiro dos casos era bastante habitual que camións de gran tonelaxe, autobuses e incluso “trailers” se metesen pola entrada da Carpaceira, dado que inicialmente é bastante ancha, pero logo chegasen xunto a igrexa parroquial e se decatasen que estreita moito e que o paso é verdadeiramente complicado; mentres que no segundo caso tamén era cotián que moitos vehículos se metesen cara o barrio dos Trizós e se atopasen con que non ten saída, cando xa era demasiado tarde.

A segunda das actuacións consistiu no pintado do parque biosaudable sito no campo da festa de Zarracós, respectando as cores orixinais dos elementos. Esta operación de mantemento fai que este equipamento presente un estado de conservación excelente e que estea nas mellores condicións para o uso e desfrute dos veciños da Broa.

17 de Outubro do 2020




Destacamos