Sorteos de Nadal Zarracós 2020

Para facer posible a Festa das Neves 2021

Sorteos de Nadal Zarracós 2020

Gústanos ser positivos e gústanos pensar que o vindeiro ano 2021 poderemos celebrar a nosa querida Festa das Neves, por iso, seguimos apostando por manter todas aquelas iniciativas e actividades que sexan posibles e unha delas é o tradicional Sorteo de Nadal para recadar fondos.

Este ano decidimos darlle unha pequena volta e apostar polo comercio local e de proximidade nuns tempos verdadeiramente complicados, por iso, tanto o segundo como o terceiro premio serán vales de compra para gastar en Celanova, concretamente nos establecementos asociados a Celanova CHEA que son case a totalidade.

Pola súa banda, dende Celanova CHEA, tiveron a grandísima xentileza de achegar 20€ ós premios do sorteo, por iso non podemos facer máis que expresarlle o noso agradecemento e animar a outras asociacións, comisións de festas, entidades e empresas a que aposten polo comercio local.

Así, e como ven sendo costume, o reparto dos agasallos farase co sorteo da Lotería Nacional do 22 de decembro do 2020. Os premios serán os seguintes:

  • 1º Premio: Unha fantástica cesta de Nadal con xamón (cuxa papeleta coincida coas dúas últimas cifras do primeiro premio da lotería)
  • 2º Premio: Un vale de 70€ para gastar en calquera establecemento asociado a Celanova CHEA (cuxa papeleta coincida coas dúas últimas cifras do segundo premio da lotería)
  • 3º Premio: Un vale de 50€ para gastar en calquera establecemento asociado a Celanova CHEA (cuxa papeleta coincida coas dúas últimas cifras do terceiro premio da lotería)

O prezo de cada papeleta será de 5€

De antemán moitas grazas pola vosa colaboración.

Comproba os números libres premendo aquí

 

31 de Outubro do 2020




Destacamos