O pobo de Cobas do Río estrea alumeado LED estes días

Tamén se cambiou no barrio da Carpaceira en Zarracós

 

O pobo de Cobas do Río estrea alumeado LED estes días
O pobo de Cobas do Río estrea alumeado LED estes días

O pobo de Cobas do Río estrea alumeado LED estes días
O pobo de Cobas do Río estrea alumeado LED estes días

Ó longo das últimas semana a empresa, Manuel Nóvoa Castro (de Monterroso), estivo traballando para cambiar a vella iluminación do pobo de Cobas do Río por unha máis moderna con tecnoloxía LED que mellora a eficiencia enerxética, no pobo de Zarracós, tamén se cambiou o alumeado público no barrio da Carpaceira. En Consecuencia, a parroquia xa conta con novo alumeado LED en case que toda súa totalidade a falta de cambiar 12 lámpadas no pobo de Salpurido (que agardamos que lle toque pronto).

Esta obra foi contratada pola Deputación de Ourense e cofinanciada pola Unión Europea con cargo ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) “una maneira de facer Europa” no Marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020, obxectivo temático 4 – economía baixa en carbono – a través do IDEA, Ministerio para Transición Ecolóxica, Goberno de España  sendo o importe total da contrata 50.719€ + IVE, dado que tamén se procedeu a cambiar o alumeado nos pobos de Fontao, Rebola, Forxas dos Montes, Campelo e Casal de Maus.

Así por exemplo, no caso concreto de Cobas do Río, instaláronse 23 lámpadas de 30 Watios e un novo cadro mando xunto ó local social do pobo. Co alumeado público antigo habería que ter contratada unha potencia de 2116 Watios, e o consumo anual sería de 7210 Kwh por un importe de 787€, coas novas lámpadas a potencia contratada baixa a 805 Watios, o consumo anual a 2278 Kwh e o importe de mantelas acesas a 229€, o que supón un aforro considerable de enerxía e de custes.

 

31 de Outubro do 2020




Destacamos