Curso de pilates, próximo grupo no local sociocultural de Zarracós

Non dubides en informarvos sen ningún tipo de compromiso

Curso de pilates, próximo grupo no local sociocultural de Zarracós

En breve, e cando as condicións sanitarias permitan levar a cabo esta iniciativa da mellor maneira posible, está previsto o  inicio dun curso de pilates no local sociocultural de Zarracós, que será impartido polos nosos veciños de Pilates Study Retoma.

O grupo/s serán moi reducidos, dun máximo de 8 persoas e consistirán en dúas sesións semanais dunha hora de duración (aproximadamente). O custe do mesmo será de 35€ persoa/mes e inicialmente soamente se necesita unha colchoneta de pilates (soen ser baratas en calquera tenda deportes). O local sociocultural estará completamente hixienizado para preservar a saúde dos asistentes e debidamente ventilado.

Para recibir información sobre o curso, sen ningún tipo de compromiso, non dubidedes en poñervos en contacto co profesor (Rafael - 600 435 064) ou coa asociación de veciños (José Manuel - 650 186 732).

Finalmente, salientar que o método pilates permite á persoa recuperar, mellorar e manter as capacidades físicas, mentais e/ou cognitivas que necesita para a súa vida diaria. Está enfocado en fortalecer o centro, alongar a columna, aumentar a propiocepción, o ton muscular e gañar flexibilidade.

03 de Novembro do 2020




Destacamos