VI Edición da campaña -Ante a Adversidade, Solidariedade-

Dende o 1 ata o 18 de decembro recolleremos alimentos para o Bancos de Alimentos de Ourense

VI Edición da campaña -Ante a Adversidade, Solidariedade-

Nos últimos cinco anos e grazas a enorme xenerosidade de todas e todos, fomos capaces de entregar ó Banco de Alimentos de Ourense e a Cáritas Ourense máis de 300 quilogramos de alimentos cada ano.

Este ano, máis ca nunca e debido á enorme crise alimentaria provocada polo COVID-19 é necesaria a solidariedade de todas aquelas persoas que poidan achegar o seu granciño de area (neste caso de comida), por iso dende a asociación mantemos o noso compromiso anual e  iniciamos a sexta edición da campaña "Ante a adversidade, solidariedade" coa que en colaboración co noso párroco Don Miguel Blanco recolleremos alimentos para doar ó Banco de Alimentos de Ourense dende o 1 ata o 18 de decembro do 2020.

Dende a ONG infórmannos que o que máis necesitan nestes intres son: leite, aceite, galletas, cacao en polvo, alimentos infantís (potitos, papillas, leite en po,...) e produtos de nadal, pero tamén serán ben recibidos calquera tipo de alimento non perecedoiro.

A fame non se ve, colabora!

 

17 de Novembro do 2020




Destacamos