E por fin chegou o día no que Telefónica arranxou os postes rotos en Zarracós

Do mesmo xeito que cando é necesario realizamos a pertinente queixa ante quen corresponda, tamén nos gusta ser agradecidos e por en valor o traballo feito, cando se da solución ó problema notificado.

Nesta ocasión, queremos por en valor a intervención realizada por Teléfonica (a pesares de que xa hai varios meses que estaba notificada a incidencia) para substituír dous postes rotos na liña xeral  que vai á centraliña sita ó carón do campo da festa de Zarracós. Estes postes, comezaban a supor un importante perigo para os viandantes e  para a circulación de vehículos, ó mesmo tempo, que  se chegan a romper os cables de cobre e fibra que soportaban tamén podería supor unha importante avaría con caída do servizo de teléfono e internet na zona.

Resumindo, ó longo desta maña do 4 de marzo de 2021, varios operarios da empresa Ourensá Montelnor procederon á colocación de novos postes, tal e como se pode observar nas imaxes axuntas a este artigo.

04 de Marzo do 2021

Destacamos