Mil grazas a toda veciñanza da Broa pola inmensa solidariedade e participación
Foi aló polo mes de setembro do pasado ano 2020, cando dende a directiva da Asociación de Veciños de Zarracós se decidiu colocar un contedor de tapóns de plástico solidario ó carón da igrexa parroquial. Para financialo realizouse un pequeno sorteo no que a veciñanza se implicou dende o primeiro momento, esgotando os números en poucos días.
Pois ben, hoxe temos a enorme satisfacción de comunicarvos que dende entón xa levamos xuntado máis de 100 quilos de tapóns de plástico, que se di axiña. Por iso soamente podemos darvos as grazas pola vosa inmensa colaboración. MIL GRAZAS!!!
Así, e tal e como informou no seu día, estes tapóns serán entregados á Fundación Seur para que poidan axudar a nenos e nenas con tratamentos que non cubre a Seguridade Social.
31 de Marzo do 2021