O Sábado 12 de Xuño do 2021 haberá pulpeira no campo da festa da parroquia de Zarracós
Dende a Asociación de Veciños queremos seguir apostando por manter a maior parte dos eventos que viñamos programando nos últimos anos, por iso procuramos novas alternativas adaptadas a esta normalidade que nos toca vivir.
Así, e aínda que neste 2021 non poderemos celebrar novamente o xantar popular do San Ceriz do mesmo xeito que anos anteriores, non significa que non poidamos celebralo igualmente nas nosas casas coa nosa familia máis próxima, por iso o vindeiro sábado, día 12 de xuño, a pulpeira que ten realizado esta comida todos os anos estará no campo da festa de Zarracós.
En consecuencia, deberedes encargar as vosas racións de pulpo, carne ó caldeiro ou empanada antes do domingo, día 6 de xuño, nalgún dos seguintes teléfonos 650 186 732 (José Manuel) ou 988 263 702 (Manuel Taín). E o día 12 de xuño, a partires das 12.00 horas poderedes pasar a recoller o voso encargo no campo da festa.
O prezos da racións son os que figuran de seguido e o pago deberá realizarse no momento de recoller o pedido á pulpeira:
20 de Maio do 2021