Grazas ó excepcional traballo realizado pola veciñanza
O pasado sábado, día 5 de xuño, un nutrido grupo de veciños da parroquia madrugaba co obxectivo de limpar as inmediacións da Igrexa Parroquial, o cemiterio e o interior do templo, asistindo así á convocatoria realizada por esta Asociación de Veciños en días pasados.
Cada persoa que se animou a axudar nesta tarefa, dun xeito totalmente desinteresado, trouxo consigo a ferramenta que considerou oportuna e pouco a pouco, co pequeno gran de area e o traballo de ada un dos presentes conseguiuse que tanto as proximidades da igrexa, como o seu interior e o cemiterio parroquial luzan nas mellores condicións posibles ante a próxima festividade de San Ceriz.
Dende aquí non podemos máis que expresar o noso máis profundo agradecemento a toda a veciñanza polo excepcional grado de colaboración neste traballo, e é que cando unha parroquia actúa unida non hai traballo nin meta que se poida resistir, mil grazas.
A continuación deixamos unhas cantas imaxes nas que se pode observar o gran traballo levado a cabo
06 de Xuño do 2021