Así foi a celebración adaptada á nova “normalidade” do San Ceriz 2021

O noso desexo, que o vindeiro ano poidamos celebralo coma sempre

Así foi a celebración adaptada á nova “normalidade” do San Ceriz 2021

O ano pasado todos  os desexos dos veciños coincidían en que ogallá o vindeiro ano (polo 2021) se puidese celebrar o San Ceriz coma sempre, baixo unha carpa e coa reunión en fraternidade de toda veciñanza, pero novamente non puido ser debido á pandemia derivada do coronavirus.

Así o pasado sábado, día 12 de xuño do 2021, tocou tirar de novo do Plan B  e a “pulpeira” non deixou de acudir a súa cita anual no campo da festa de Zarracós, pero nesta ocasión, para elaborar a comida (polbo, empanada e carne ó caldeiro) que posteriormente os veciños que así o desexaron pasarían a recoller para  levar as súas casas, pois que non poidamos comer xuntos, non significa que non poidamos celebralo en pequenos grupos coa nosa familia e amigos.

Novamente, non deixou de ser unha celebración bastante estraña, pero si serviu para romper un pouco coa monotonía e a tristeza deste último ano e medio, onde a vida social se viu reducida a mínima expresión, pasándonos un pouco de factura psicolóxica a todos, pois o ser humano necesita das relacións sociais para vivir.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo e o enlace a unha pequena galería de fotos desta celebración.

Pulsa aquí para ver a galería fotográfica do San Ceriz 2021

13 de Xuño do 2021




Destacamos