Participa no sorteo de 250€ repartidos en dous premios de 150€ e 100€ respectivamente
A partires da próxima semana poderás mercar papeletas, polo módico prezo dun euro, para o Sorteo de Verán da asociación de veciños de Zarracós, no que se repartirán 250€ en efectivo divididos en dous premios de 150€ e 100€ respectivamente, pinta ben non?
A papeleta afortunada será agraciada cos seguintes premios*:
* O afortunado/a disporá dun prazo de 3 meses contados dende a data do sorteo para reclamar o premio ante a directiva da asociación de veciños.
Como ben sabedes, un clásico da Festa das Neves nos últimos anos viña sendo o sorteo dos 300€ que sempre se realizou o domingo de xeito presencial no campo da festa, nestes momentos non podemos facelo así por prudencia e por iso optamos por este novo formato máis cativo.
Non dubidedes en colaborar coa asociación de veciños para manter o seu funcionamento nestes tempos tan complicados.
27 de Xuño do 2021