Alborada Zarracós 2021

Os días 7 e 8 de agosto coas charangas BCB e Alambique

Alborada Zarracós 2021

Este ano a música vai volver soar polas rúas da parroquia da man de dúas grandes charangas, a BCB de Celanova e a Alambique de Pontevedra.

O sábado, dia 7 de agosto, contaremos coa presenza da gran charanga BCB de Celanova que volverá a contaxiar a súa alegría polas rúas da parroquia, despois dun ano de pausa forzosa.

O domingo, día 8 de agosto, debutará na nosa parroquia a fantástica charanga Alambique de Pontevedra que de seguro non deixara indeferente a ninguén co seu bo facer.

 

MEDIDAS COVID

- Procuren manter unha distancia de metro e medio entre aquelas persoas que non son convivientes.

- Para recibir á charanga, e aínda que actualmente xa non é obrigatorio, procuren empregar mascarilla polo ben común.

- Por cuestións de seguridade non se entrará a ningunha casa ou patio particular e tampouco se aceptarán as tradicionais invitacións.

03 de Xullo do 2021




Destacamos