As charangas BCB e Alambique volverán tocar polas rúas da parroquia o vindeiro ano
Aínda non sabemos moi ben como vai evolucionar a situación ó longo dos máis de 350 días que faltan para chegar a agosto do ano 2022, pero xa podemos confirmarvos que as charangas BCB e Alambique volverán tocar polas rúas da parroquia o vindeiro ano.
O sábado 6 de agosto o pasarrúas e a sesión vermú correrán a cargo da Charanga Alambique (de Pontevedra), que actuaron por primeira vez este ano e que sen dúbida non defraudaron a ninguén co seu bo facer.
O domingo 7 de agosto será a quenda para a Charanga BCB (de Celanova), unha formación que xa é case da familia e que nunca defrauda, pois é unha das mellores charangas da provincia de Ourense.
Dende a asociación de veciños queremos agradecer o enorme compromiso destas dúas formacións musicais coa nosa festa. Mil grazas!
17 de Agosto do 2021