As contas presentan un importante beneficio que se empregará no ben común
Nas imaxes axuntas a este artigo podedes acceder ás contas da celebración das Neves 2021, así como, ó listado de donativos da mesma. Tal e como se pode comprobar, estas arroxan un importante saldo favorable de 3.486,45 € que se ingresarán na conta bancaria da asociación de veciños para ser empregado o ben común da veciñanza.
Cando unha parroquia é tan unida como a nosa e os veciños creen nas cousas que se organizan, faise notar, e por iso se logrou xuntar a espectacular cifra de 6.926 € nun ano tan difícil coma este e despois de todo o acontecido o ano pasado no que houbo que cancelar a programación cultural prevista.
Por iso, dende a Xunta Directiva da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós queremos expresar o noso agradecemento:
Dende a Asociación de Veciños agardamos que esta pequena celebración, cos seus erros e coas súas virtudes, fose do agrado da maioría e servise para romper un pouco coa tristura e coa monotonía dos últimos dous anos.
Ogallá o vindeiro ano volvamos á normalidade de verdade!!!
28 de Agosto do 2021