Mil grazas a toda veciñanza da Broa pola inmensa solidariedade e participación
Nestes días ven de cumprirse un ano dende a instalación do contedor de tapóns solidario no campiño da Igrexa Parroquial de Zarracós e non podemos máis que agradecer a enorme implicación de toda a veciñanza pois recicláronse case que 200 quilogramos de tapóns de plástico, que se di pronto pero iso supón máis de 55.000 unidades. Así mesmo, tamén se evitou a emisión de 300 quilos de CO2 á atmosfera contribuíndo a coidar o noso planeta.
Pero, sen dúbida, o máis importante e que grazas ó pequeno xesto que supón reciclar tapóns dende a Fundación SEUR puideron axudar a nenos e nenas a mellorar notablemente a súa vida. Por exemplo, a mediados de xuño deste ano 2021, eran 5 nenas e nenos os beneficiarios do proxecto “Tapones para una nueva vida” o que supuxo 38.000 euros en axudas obtidos da reciclaxe de 23 toneladas de tapóns.
Unha vez máis, dende a asociación de veciños queremos expresarvos o noso agradecemento e animarvos a que sigades reciclando tapóns!!
18 de Setembro do 2021