A exposición de fotos antigas volve ó local sociocultural de Zarracós

O local sociocultural recupera a alma perdida durante estes case que dous anos

A exposición de fotos antigas volve ó local sociocultural de Zarracós

Cando se iniciou a crise do coronavirus existía bastante descoñecemento sobre o xeito de transmisión do virus, así dende Xunta Directiva optouse por retirar todos os elementos posibles do local sociocultural, tratando de minimizar o número de superficies a desinfectar e coas que ter contacto, por iso se retirou a exposición de fotos antigas.

Durante case que dous anos o local estivo espido e carente desa alma que se lle dan as vivencias e os recordos, pero a partires desta semana xa se poderá admirar de novo a exposición de fotografías antigas da parroquia de Zarracós composta por unhas 300 imaxes que retratan os nosos antecesores e as nosas costumes.

 

25 de Setembro do 2021




Destacamos