Será o vindeiro 13 de novembro, sábado, a partires das dúas do mediodía
E se volvemos xuntarnos outra vez? aínda que sexa con moito coidado e sentidiño!
Dende a asociación de veciños levamos unha tempada dándolle voltas a cabeza para organizar este pequeno evento que permita que nos reunamos de novo inda que sexa con moita prudencia e con todas as precaucións necesarias.
Así, para garantir as medidas sanitarias contra o coronavirus este ano instalarase unha carpa no campo da festa na que haberá mesas coa debida separación, de xeito que para comer nos xuntemos en pequenos grupos dunhas 10 persoas de pe en torno a cada mesa. En cada mesa xa estará servida comida e será exclusiva para ela, non se andará pasando diante dos participantes como se tiña feito.
Por outra banda vémonos na obriga de subir o prezo do magosto de 7€ a 10€ por comensal dado que moitos produtos subiron de prezo dende o 2019 e hai que asumir os custes de alugar a carpa. Aínda así e coma sempre, os menores de 12 anos no pagarán por asistir.
Todas aquelas persoas que desexen colaborar para ir á leña deberán estar no Outeiro a iso das 10 da mañá, a ser posible con ferramenta axeitada (motoserra, machada, fouciño,...). Para aquelas que desexen axudar na elaboración da comida, será suficiente con estar ás 12 da mañá no local social do baixo do palco.
12 de Outubro do 2021