Atendendo unha vella demanda dos veciños do lugar e desta asociación de veciños
O Concello da Merca atendendo ás peticións dos veciños e veciñas de Cobas do Río así como, ás solicitudes realizadas dende esta asociación veciños, procedeu inicialmente a rozar as cunetas da pista forestal que comunica o fondo deste pobo coa pista da central hidroeléctrica e posteriormente, co apoio da Deputación de Ourense, procedeu a pasar a moto niveladora mellorando considerablemente o estado do firme desta vía de comunicación.
Esta pista é usada con moita frecuencia nos meses de outono para acceder á gran cantidade de soutos centenarios que se atopan no Val do Arnoia pero tamén constitúe un importante cortafogos nun entorno natural de gran valor paisaxístico e ambiental.
Dende a asociación de veciños queremos expresar o noso agradecemento ó Concello da Mercar por levar a cabo esta tarefa de mantemento tan demandada pola veciñanza.
24 de Outubro do 2021