Martes 30 de novembro e sábado 4 de decembro ás 17.00 horas ámbolos dous días
O 30 de novembro é o día de San Andrés, patrono da nosa parroquia, algúns anos celebrámolo cun gran xantar popular no local sociocultural pero este ano debido a pandemia do coronavirus non é posible. Gardemos pois os ánimos para cando nos poidamos xuntar de novo con garantías!
Así mesmo, as celebracións relixiosas terán lugar este martes 30 de novembro as 5 da tarde, na Igrexa Parroquial de San Andrés de Zarracós e tamén o sábado 4 de decembro a mesma hora e no mesmo lugar.