Domingo 26 de decembro, ás 18.00h, na igrexa parroquial de Zarracós con aforo reducido e medidas COVID
Este ano volve unha cita que xa se estaba convertendo nun auténtico clásico na parroquia de Zarracós, volve o concerto de Nadal na que será súa sétima edición!
Nesta ocasión vai ser un pouco distinto e nun formato máis reducido no que se extremarán ó máximo as medidas sanitarias, pero no que seguiremos contando con grandes artistas: Grupo de Pandeireta de Zarracós, Baldomero Pavón (Tenor), Alis Vázquez, Iván Pérez (Recantareiro), Marta Justo, Bieito Blanco (Acordeón), Grupo de Acordeóns Bieito Blanco e a Charanga BCB.
Un gran elenco que sen dúbida fará as delicias daquelas persoas que se animen a asistir, por que á cultura é segura cando se respectan as normas sanitarias.
MEDIDAS COVID:
Dende a asociación de veciños queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a todas as persoas e entidades que fan posible este concerto: Bieito Blanco e a súa escola de música, parroquia de Zarracós, grupo de pandeireta de Zarracós, Charanga BCB e Xurxemurxe. Mil grazas pola vosa colaboración!
09 de Decembro do 2021