Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

Sábado, 5 de febreiro, ás 17.30 en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda convocatoria (18:00 horas)

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós convoca a todos os seus socios á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o vindeiro sábado, 5 de febreiro, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda convocatoria (18:00 horas), no campo da festa de Zarracós, cos seguintes puntos na orde do día:

 

  1. Limpeza dos montes comunais do pobo de Zarracós e corta de piñeiros.
  2. Información sobre a subvención Xunta de Galicia para reformar o local social do palco da música e adquirir equipamento.
  3. Rogos e preguntas.

 

Esperando que asistan dada a importancia dos temas a tratar, reciban un cordial saúdo.

 

IMPORTANTE

  1. A asemblea xeral extraordinaria realizarase ó aire libre coa finalidade de extremar as medidas sanitarias.
  2. Intentarase que a duración da asemblea sexa a mínima posible.
  3. Será obrigatorio o uso de mascarilla.

 

 

30 de Xaneiro do 2022




Destacamos