Recolleremos doazóns ata o domingo 20 de marzo do 2022
A Guerra de Ucraína e a emerxencia humanitaria provocada pola mesma non está deixando indiferente a ninguén, por iso dende a Asociación de Veciños de Zarracós e a parroquia de Zarracós imos tentar axudar na medida das nosas humildes posibilidades.
Centos de miles de persoas están fuxindo dos seus fogares en Ucraína debido ó rápido deterioro da situación e polas accións militares levadas a cabo por Rusia no país. A situación é cada vez más inestable, delicada e impredecible.
A día de hoxe, 3 de marzo do 2022, calculase que xa hai máis de 1.000.000 de persoas refuxiadas nos países veciños, que outros 4.000.000 millóns poderían fuxir a outros países se a situación se agrava e que outros 12.000.000 millóns de persoas de Ucraína van necesitar axuda humanitaria.
Por isto e dende xa iniciamos unha nova campaña solidaria en favor de ACNUR (A axencia da ONU para os refuxiados) coa que pretendemos recoller diñeiro que entregaremos na súa totalidade a esta ONG unha vez finalizada. Esta axuda servirá para facer chegar axuda humanitaria a todas estas persoas: refuxio de emerxencia para familias, seguridade alimentaria, educación, auga, saneamento, calefactores, colchóns, acceso médico, asistencia xurídica,...
Os puntos de recollida de donativos serán a Igrexa Parroquial ou xunto a calquera dos membros da Xunta Directiva.
Podedes atopar máis información na seguinte páxina web: http://ayudaucrania.com
Nos peores momentos, calquera axuda é vital
03 de Marzo do 2022