Mil grazas pola vosa excepcional colaboración
Unha vez máis a veciñanza da parroquia de Zarracós soubo estar á altura da complexa situación e, dende o primeiro intre, respondeu cunha enorme xenerosidade á iniciativa solidaria presentada dende a Parroquia de Zarracós e a Asociación de Veciños en favor da ONG ACNUR.
Tanto é así, que en apenas 15 días, fomos capaces de reunir un total de 562,50€ que serán transferidos na súa totalidade a ACNUR coa finalidade de que poidan axudar ós refuxiados da Guerra da Ucraína que xa se cifran en 3.200.000 (na súa meirande parte mulleres e nenos), así mesmo, outros 12.000.000 de persoas poderían necesitar axuda dentro do país nos vindeiros meses.
Dende aquí non podemos estar máis orgullos e por iso queremos expresarvos o noso máis profundo agradecemento por unha resposta tan excepcional nuns tempos tan complicados e convulsos. Mil grazas!
Nos peores momentos, calquera axuda é vital
21 de Marzo do 2022