Unha vez limpas as faixas de protección
Despois de meses de duro traballo, de miles de euros investidos en desbroces, de miles de piñeiros cortados, de miles de mimosas arrasadas, de queimas de restrollos, de procura de marcos, de arranxar desfeitas do catastro... case podemos afirmar que a parroquia de Zarracós está protexida contra os incendios forestais grazas ó inmenso compromiso da veciñanza.
A lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa dos incendios forestais de Galicia, como ben indica o seu título data de abril do ano 2007, é dicir, leva máis de 15 anos en vigor. Durante todo este tempo as administracións públicas unicamente se limitaron a colocar bandos con bastantes “tecnicismos” para avisar ós veciños de que limparan as súas terras.
En todo este tempo, ningunha administración pública intentou levar a cabo unha labor didáctica desta lei para achegar está información técnica á xente do rural dunha forma clara e directa, máxime tendo en conta a media de idade dos habitantes do noso rural e que moitos deles estaban convencidos que tiñan as súas terras limpas.
Así, tiveron que inundarnos a cartas certificadas con “ameazas” de cuantiosas multas e prazos imposibles para saber que a Xunta de Galicia dispón duns mapas de faixas forestais, cunhas liñas “imaxinarias” que ninguén se molestou en trasladar ó pobo e que soamente están accesibles para os Concellos.
Era necesario limpar? Por suposto que si, pero as formas sempre puideron ser outras...
Velaquí un vídeo que amosa o traballo feito no pobo de Zarracós.
15 de Abril do 2022