Os días 5, 6 e 7 de Agosto de 2022
Despois de dous anos realmente nefastos para a vida social e para unión parroquial por mor da pandemia do coronavirus, por fin parece que comezamos a ver o final da mesma e por iso hoxe comprácenos presentarvos o programa inicial da que será a Festa das Neves Zarracós 2022.
Un ano máis, dende a asociación de veciños asumimos o enorme compromiso de sacar adiante os festexos parroquiais nun contexto realmente cambiante e incerto, coa única certeza de que todo vai ser moito máis caro para chegar a realizar un programa similar o doutros anos pero algo inferior.
O venres 5 de agosto a rapazada poderá volver participar nos tradicionais xogos infantís e pola noite tamén contaremos de novo coa presenza do Gran Grupo de Acordeóns Bieito Blanco.
O sábado 6 de agosto contaremos coa Charanga Alambique (dende Pontevedra) que será a encargada de dar a alborada e amenizar a sesión vermú. Pola noite contaremos co Grupo Alma Latina (dende A Mariña Lucense).
O domingo 7 de agosto, un ano máis e xa van uns cantos, a gran Charanga BCB de Celanova será a encargada de dar o pasarrúas e amenizar a sesión vermú. Pola noite contaremos coa Orquestra D’Noche (dende Pontevedra).
Pouco a pouco iremos completando o programa con actividades para chegar a reeditar unha festa como a que puidemos vivir no último ano “normal”, o 2019.
17 de Abril do 2022