O pasado sábado, día 4 de xuño, unha vintena de veciños da madrugaron para darlle unha limpeza tanto ás inmediacións da Igrexa Parroquial, como ó cemiterio e o interior do templo, asistindo así unha vez máis á convocatoria realizada por esta Asociación de Veciños en días pasados.
Cada persoa que se animou a axudar nesta tarefa, dun xeito totalmente desinteresado, trouxo consigo a ferramenta que considerou máis oportuna e pouco a pouco, co pequeno gran de area e o traballo de cada un dos presentes conseguiuse que tanto as proximidades da igrexa, como o seu interior e o cemiterio parroquial luzan nas mellores condicións posibles ante a próxima festividade de San Ceriz.
Dende aquí non podemos máis que sentirnos fondamente orgullosos de pertencer a esta parroquia e expresar o noso máis profundo agradecemento a toda a veciñanza polo excepcional grado de colaboración nesta tarefa, e é que cando unha parroquia actúa unida non hai traballo nin meta que se poida resistir, mil grazas.
05 de Xuño do 2022