A segunda etapa do Rally de Ourense deste ano terá un tramo entre A Merca e Celanova no que percorrerá A Broa case por completo. A saída será dende A Merca (ó carón do Tanatorio), Proente, Rubillós, Entrambosríos, Lameiroquente, O Casal,Salpurido, Zarracós, Oxén de Arriba, Olás, Vilariño, Pazos... para finalizar na Ramallosa.
As estradas afectadas estarán cortadas dende 10.40 da mañá ata as 18.20 da tarde e haberá dúas pasadas, unha de mañá e outra de tarde. A de mañá sairá ás 12.10 horas e a de tarde sairá ás 16.50 horas, ámbalas dúas dende o Tanatorio da Merca.
No seguinte artigo deixámosvos algunha información do rallye pero sempre podedes acudir a páxina web oficial da proba automobilística e consultar máis en detalle: http://www.rallyeourense.es/Rallye.aspx?ed=55
05 de Xuño do 2022