IV Olimpíada Rural da Broa 2022

10,15,20 e 26 de agosto en Zarracós, Entrambosríos, Corvillón e Pazos de Olás

 

IV Olimpíada Rural da Broa 2022

Da colaboración entre  a AAVV San Pedro de Olás, a AAVV Santa Mariña de Entrambosríos, a AAVV Santa María de Corvillón, a AAVV San Andrés de Zarracós e o Concello de A Merca (Concellería de Participación Cidadá Cultura e Deporte) e despois de dous aniños de pausa obrigatoria polo coronavirus volve a IV Olimpíada Rural de A Broa que se desenvolverá durante o mes de agosto nas catro parroquias da marxe esquerda do río Arnoia.

Ó longo de catro xornadas os máis pequenos da contorna poderán gozar da práctica de distintos deportes en equipo, así como, doutros de estilo máis tradicional.

A participación será completamente gratuíta para aquela xente miúda que se anime a asistir e dende a organización encargarémonos de  ofrecer agasallos, así como, a merenda: bocadillo, froita, refrescos, auga....

Mércores 10 de Agosto sede Zarracós

Lugar e hora: Campo da festa de Zarracós ás 19.00 horas

Nesta primeira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica de distintos deportes e xogos tradicionais, hoxe case esquecidos: a ra, a chave, a porca, os sacos, os zancos, os aros, os bolos, a turra-soga, as buxainas, a comba...

Nota: para aqueles familiares e veciños que vos animedes a acompañar ós rapaces e rapazas comunicarvos que teremos bar no campo da festa da man de Bar Tito (de Villavidal).

Luns 15 de Agosto sede Entrambosríos

Lugar e hora: Campo da festa de Entrambosríos ás 19.00 horas

Nesta segunda xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica dun deporte en equipo como é o do baloncesto, así como, doutros xogos variados.

Sábado 20 de Agosto sede Corvillón

Lugar e hora: Campo da festa de Corvillón ás 19.00 horas

Nesta terceira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica dun deporte en equipo como é o do voleibol, así como, dunha pequena andaina polos camiños máis singulares da parroquia.

Venres 26 de Agosto sede Pazos de Olás

Lugar e hora: Campo de xogos de Pazos de Olás ás 17.00 horas

Nesta cuarta e derradeira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica doutro deporte en equipo como é o do fútbol-lameiro, así como, unha carreira de obstáculos.

Colaboran:

  • INORDE, Turismo de Ourense
  • Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo
  • Deputación Provincial de Ourense
  • Concello de A Merca (Concellería de Participación Cidadá Cultura e Deporte)

 

10 de Xullo do 2022




Destacamos