Hoxe escribimos este pequeno artigo para que convidarvos a reflexionar e para por en valor o traballo realizado ata a data de hoxe, pois estamos chegando a 30 anos de festa continua so interrompidos parcialmente polo pandemia.
Cada ano que pasa é máis complicado sacar adiante a Festa das Neves. Os anos van pasando e toda aquela xentiña que sempre axudou de xeito realmente voluntarioso vaise facendo maior ou tristemente xa non está entre nos, así, e sen que exista un relevo xeracional faise practicamente imposible que dúas ou tres persoas poidan asumir a organización de todo o que implica levar a cabo unha festa, máxime nos tempos que corren.
Por sorte, xuntar os cartos necesarios para levar a cabo a celebración nunca foi un problema na nosa parroquia dado que a colaboración nese sentido sempre foi e é realmente extraordinaria, pero nesta vida non todo se reduce ó diñeiro, tamén é necesaria implicación na organización, non dar por feito que tal persoa xa ten todo previsto e deixar avanzar os acontecementos sen máis, ...
Organizar unha festa pode parecer algo sinxelo ou trivial, pero non o é en absoluto, son moitos os traballos e tarefas a realizar na sombra para que cando chegue o día da festa todo este como debe ser (aínda que ás veces non se consegue).
Polo tanto, hoxe queremos pederivos que nos botedes unha man en tarefas tan diversas como:
Aqueles persoas que esteades interesadas en colaborar un pouco podedes chamar ou mandar un Whatsapp ó teléfono 650186732 (José Manuel) ,crearemos un grupo de Whatsapp dende o que se irán coordinando as actividades e traballos.
De antemán grazas a todas as persoas que se animen a colaborar.
11 de Xullo do 2022