Balance económico festa das Neves Zarracós 2022

As contas presentan un saldo negativo de 1.448,24 € que se colleran da conta da asociación

Balance económico festa das Neves Zarracós 2022
Balance económico festa das Neves Zarracós 2022

Balance económico festa das Neves Zarracós 2022

Nas imaxes axuntas a este artigo podedes acceder ás contas da festa das Neves Zarracós 2022, así como, ó listado de donativos da mesma. Tal e como se pode comprobar, estas arroxan un saldo NEGATIVO de 1.448,24 € que se asumirán con cargo ós remanentes existentes na conta bancaria da asociación de veciños.

Este ano a recadación foi moi similar á do ano 2019 (103€ menos), pero nestes tempos tan complicados logrouse xuntar a espectacular cifra de 10.879,00 euros. Lamentablemente, debido ó encarecemnto de prácticamente todo, foi imposible manter un saldo positivo e houbo que coller de fondos para afrontar os gastos derivados da festa.

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós quere dar as grazas:

  • A todos os veciños desta parroquia pola súa excepcional colaboración, tanto económica como doutro tipo, máxime, nestes tempos tan difíciles que estamos a vivir.
  • A todos aqueles veciños da parroquia, así como doutras parroquias, que achegaron diñeiro a maiores.
  • A todas aquelas persoas que mercaron rifas para o sorteo dos 300 €, así como, a aqueles que axudaron a vendelas desinteresadamente.
  • A todas aquelas persoas que mercaron rifas para os sorteos do Nadal.
  • A todos os establecementos e marcas comerciais que contribuíron anunciándose nos carteis ou simplemente dando diñeiro sen  ningún tipo de contrapartida.
  • Ós compoñentes do Grupo de acordeóns Bieito Blanco, por deleitarnos coa súa gran profesionalidade e animar a festa do venres.
  • A Bieito Blanco por colaborar de xeito totalmente desinteresado na realización da festa do venres, da queimada e por cedernos o seu equipo de son.
  • A Madeiras JR por axudar a retirar e colocar a canastra de baloncesto totalmente de balde.
  • A todos os colaboradores que axudaron a levar a cabo os xogos infantís, as olimpíadas e todos os traballos necesarios para levar a bo porto a festa deste ano.
  • A todos aqueles que participaron nos distintos torneos celebrados con motivo da festa: chave, fútbol e tute.

Grazas a todos e cada un de vos as festas de Zarracós son o que son

Dende a Asociación de Veciños agardamos que esta festa, cos seus erros e cas súas virtudes, fose do agrado da maioría de todos vos.

Finalmente, soamente queremos pedir unha cousa, que pouco a pouco se vaia implicando xente nova na súa organización e que non se deixe morrer esta festa, pois as forzas dos que neste momento asumimos o maior peso van indo bastante xustas.

 

14 de Agosto do 2022




Destacamos