Ó longo das últimas semanas realizáronse diversos traballos de pintura e mantemento na Igrexa Parroquial de San Andrés de Zarracós para continuar garantindo o bo estado de conservación do templo.
Nunha primeira fase, que xa está executada, procedeuse a pintar os cabazos das campás, a porta da sancristía e toda a tribuna (varanda, táboas do piso, vigas, pontóns e escaleira de acceso). Esta actuación tivo un custe total de 822,80€.
Nunha segunda fase, que aínda pendente de executarse, levaranse a cabo traballos de pintura e mantemento sobre: as dúas fiestras grandes, as dúas fiestras pequenas, as reixas das fiestras e a varanda de acceso ó campanario. Este traballo terá un custe de 229,90€.
É dicir, investiranse un total de 1052,70€ en labores de conservación da igrexa que serán asumidos con cargo ós fondos da asociación de veciños e a conta parroquial que administra o noso sacerdote Don Miguel.
Neste artigo podedes admirar unhas cantas imaxes do resultado destes traballos, así como, o estado no que se atopan algún dos elementos pendentes de intervención.
02 de Outubro do 2022