Para facer posible a Festa das Neves 2023
Dende xa podedes mercar números para os Sorteos de Nadal Zarracós 2022, que ó igual que os últimos anos, consistirán nunha fantástica cesta de nadal e dous vales de compra en Celanova CHEA por valor de 70€ e 50€ respectivamente.
Este ano volvemos apostar polo comercio local e por iso, tanto o segundo como o terceiro premio serán vales de compra para gastar en Celanova, concretamente nos establecementos asociados a Celanova CHEA que son case a totalidade.
Pola súa banda, dende Celanova CHEA, teñen a grandísima xentileza de achegar 20€ ós premios do sorteo, por iso non podemos facer máis que expresarlle o noso agradecemento e animar a outras asociacións, comisións de festas, entidades e empresas a que aposten polo comercio local.
Así, e como ven sendo costume, o reparto dos agasallos farase co sorteo da Lotería Nacional do 22 de decembro do 2022. Os premios serán os seguintes:
O prezo de cada papeleta será de 5€
De antemán moitas grazas pola vosa colaboración.
03 de Outubro do 2022