Medio cento de veciños e veciñas participaron desta sinxela celebración
O pasado sábado, día 22 de outubro de 2022, tivo lugar a festa de inauguración da reforma palco da música. A ela asistiron medio cento de veciños e veciñas da parroquia que puideron comprobar in situ e de primeira man o estado de execución da obra, que aínda que non está completamente rematada, xa que está a falta de pequenos detalles que se completarán nos vindeiros días.
Despois de “inspeccionar” as obras o secretario e o tesoureiro da asociación de veciños tomaron a palabra durante uns minutos para dar conta dos traballos realizados e dos logros acadados ó longo da historia desta asociación veciñal. Así, e unha vez rematados os actos protocolarios, tocaba merendar dando conta duns pinchos ben abondosos: tortilla, empanada, bica, tarta, pizza, viño, refrescos, ... para seguidamente dar paso a actuación “estelar” da tarde que non era outra que a do Recanteiro de Luar Iván Pérez, que sen lugar a ningunha dúbida fixo as delicias dos presentes interpretando temas sobradamente coñecidos por todos, facendo gala da súa extraordinaria voz.
23 de Outubro do 2022