O Concello da Merca licitará nos vindeiros días a mellora de diversos camiños municipais por valor de 93.529.37€. En dito proxecto inclúese a mellora dunha travesía no pobo de Zarracós, sendo o que figura literalmente na documentación o seguinte:
“Prevese a reparación da capa de rodaxe da travesía no núcleo rural de Zarracós. Para iso proxéctase a preparación previa da superficie para reparar, mediante limpeza das marxes, o varrido do pavimento e bacheo asfáltico para regularización de firme, debidamente estendido e compactado, para posteriormente proceder a executar un dobre tratamento superficial asfáltico.
A travesía ten unha lonxitude total de 138 m. e unha anchura media ao redor do 4 m. Todo iso, xunto a diferentes sobreanchos repartidos ao longo da travesía, equivale a unha superficie total a reparar de 552 m2.”
Polo que se pode deducir dos planos que se axuntan na documentación publicada na plataforma Contratos Públicos de Galicia, parece ser que se reparará a travesía dende a calzada de acceso á “Casa do Crego” ata os contedores situados no “Campo” á entrada da “Eira dos Días”. E dicimos parece ser, por que o plano do proxecto non se axusta exactamente ás rúas.
Se desexades coñecer máis información sobre este proxecto, podedes consultar o seguinte enlace:
https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=806411&lang=gl
14 de Decembro do 2022