Xantar Popular do San Ceriz 2023

Domingo 18 de Xuño do 2023,  ás 14:00h, no campo da festa da parroquia de Zarracós

Xantar Popular do San Ceriz 2023

Organizar un festexo ou unha celebración non é nada sinxelo, e a verdade é que levar a cabo o Xantar Popular do San Ceriz estase convertendo nun auténtico reto. Despois de anos bastante convulsos pola crise do coronavirus, agora toca facer fronte a outros “problemas” como son: a inflación ou o paso do Rally de Ourense pola parroquia.

Pois ben, dende a directiva da asociación de veciños tivemos que tomar un par de decisións, con respecto á data e dado que previsiblemente o Rally de Ourense discorrerá novamente pola parroquia o sábado 17 de xuño, optamos por mover o xantar popular do San Ceriz ó domingo día 18 de xuño. Con respecto ó prezo, este ano sube outra vez ata os 30€ /persoa , e claro que se podía intentar procurar un menú máis accesible para todos os petos, pero durante vinte catro anos o menú para este festexo foi o mesmo, por iso dende a asociación consideramos que cambialo por outra cousa deturparía a esencia deste xantar, por iso, optamos por mantelo a pesares do prezo.

Concluíndo, se nada o impide, o domingo 18 de Xuño do 2023, terá lugar a XXIV Edición do Xantar Popular do San Ceriz. A cota de inscrición para este ano será de 30€ por persoa e de 15€ para rapaces de entre 5 e 10 anos , os menores de 5 anos poderán asistir de balde. O menú será idéntico ós anos precedentes e estará composto por: empanada, polbo, carne ó caldeiro, pan, bica, viño, auga, café e licor.

A data límite de inscrición será o domingo 11 de xuño de 2023.

 

27 de Abril do 2023




Destacamos