A semana pasada a empresa Móveis Vieira S.L, localizada en Xinzo de Limia, procedía á instalación do armario na sancristía da Igrexa Parroquial.
Un bo armario coa estrutura e as portas en madeira de castiñeiro e cunhas dimensións considerables que permitirán poder almacenar toda a roupa e o material, así como, mellorar a ordenación da sancristía en xeral.
Esta adquisición foi posible grazas á colaboración da veciñanza coa aportación de 50€ por familia asociada, e tivo un custe de 2.274,80€, por iso dende aquí queremos expresar o noso agradecemento a todos os veciños e veciñas pola excepcional colaboración que sempre ofrecen.
19 de Xuño do 2023