Precísase axuda para organizar a Festa das Neves 2023

Precísase axuda para organizar a Festa das Neves 2023

Novamente, hoxe escribimos este pequeno artigo para convidarvos a reflexionar e para por en valor o traballo realizado ata a data de hoxe, pois van 30 anos de festa continua so interrompidos parcialmente polo pandemia, que se di pronto. E en todos eses anos as organizadoras tamén teñen sido sempre as mesmas persoas, que tamén se di pronto.

Cada ano que pasa é máis complicado sacar adiante a Festa das Neves. Os anos van pasando e toda aquelas persoas que sempre axudaron de xeito realmente voluntarioso vanse facendo maiores ou tristemente xa non está entre nos, así, e sen que exista un relevo xeracional é practicamente imposible que dúas ou tres persoas poidan asumir a organización de todo o que implica levar a cabo unha festa, máxime nos tempos que corren.

Por sorte, xuntar os cartos necesarios para levar a cabo a celebración nunca foi un problema na nosa parroquia dado que a colaboración nese sentido sempre foi e é realmente extraordinariapero nesta vida non todo se reduce ó diñeiro, tamén é necesaria implicación na organización, non dar por feito que tal persoa xa ten todo previsto e deixar avanzar os acontecementos sen  máis, ...

Organizar unha festa pode parecer algo sinxelo ou trivial, pero non o é en absoluto, son moitos os traballos e tarefas a realizar na sombra para que cando chegue o día da festa todo este como debe ser (aínda que ás veces non se consegue).  

Polo tanto, hoxe queremos pedirvos que nos botedes unha man en tarefas tan diversas como:

  1. Colocar as bandeiras polos distintos pobos da parroquia. (Se non existe colaboración soamente se porán no campiño da igrexa e as dúas bandeiras grandes na entrada do campo da festa)
  2. Transportar ós músicos das charangas polos pobos da parroquia durante as alboradas dos días 5 e 6 de agosto. É importante ter coche e estar disposto a madrugar un pouco pero é unha das labores máis gratificantes da festa.
  3. Axudar a montar e desmontar o equipo de son os días 4 e 9 de agosto.
  4. Axudar a colocar mobiliario para o concerto de acordeóns, para o cinema de verán, para o karaoke,... e posteriormente a gardalo de novo no seu lugar.
  5. Organizar e pensar os xogos infantís do día 4 de agosto.
  6. Colaborar na procesión á praza do Campo do día 5 de Agosto (Por exemplo, elaborando o arco ou axudando a colocar as tradicionais mantas).
  7. Colaborar na limpeza e adecuación da igrexa parroquial e do camposanto.
  8. Organizar e colaborar nas V Olimpíadas Rurais da Broa do día 9 de agosto.
  9. Colaborar activamente na venda de papeletas para o sorteo do día 6 de agosto.
  10. Axudar na pegada de carteis polos distintos pobos da contorna.
  11. Estar disposto a recoller algúns encargos (comida, trofeos, carteis, agasallos rapaces, compra material xogos ...)
  12. Participar en xeral na organización de calquera actividade.
  13. ...

Aqueles persoas que esteades interesadas en colaborar un pouco podedes chamar ou mandar un Whatsapp ó teléfono 650186732 (José Manuel) ,crearemos un grupo de Whatsapp dende o que se irán coordinando as actividades e traballos.

De antemán grazas a todas as persoas que se animen a colaborar.

 

 

11 de Xullo do 2023




Destacamos