9,15 e 19 de agosto en Zarracós, Entrambosríos e Corvillón
Da colaboración entre a AAVV Santa Mariña de Entrambosríos, a AAVV Santa María de Corvillón, a AAVV San Andrés de Zarracós e o Concello de A Merca (Concellería de Participación Cidadá Cultura e Deporte) volve un ano máis a V Olimpíada Rural de A Broa que se desenvolverá durante o mes de agosto en tres das parroquias da marxe esquerda do río Arnoia.
Ó longo de tres xornadas os máis pequenos da contorna poderán gozar da práctica de distintos deportes en equipo, así como, doutros de estilo máis tradicional.
A participación será completamente gratuíta para aquela xente miúda que se anime a asistir e dende a organización encargarémonos de ofrecer agasallos, así como, a merenda: bocadillo, froita, zumes, auga....
Mércores 9 de Agosto sede Zarracós
Lugar e hora: Campo da festa de Zarracós ás 19.00 horas
Nesta primeira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica de distintos deportes e xogos tradicionais, hoxe case esquecidos: a ra, a chave, a porca, os sacos, os zancos, os aros, os bolos, a turra-soga, as buxainas, a comba...
Nota: para aqueles familiares e veciños que vos animedes a acompañar ós rapaces e rapazas comunicarvos que teremos bar no campo da festa da man de Bar Tito (de Villavidal) e pola noite cinema ó aire libre.
Martes 15 de Agosto sede Entrambosríos
Lugar e hora: Campo da festa de Entrambosríos ás 19.00 horas
Nesta segunda xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica dun deporte en equipo como é o do baloncesto, así como, doutros xogos variados.
Sábado 19 de Agosto sede Corvillón
Lugar e hora: Campo da festa de Corvillón ás 19.00 horas
Nesta terceira e derradeira xornada das olimpíadas os máis pequenos poderán gozar da práctica dun deporte en equipo como é o do voleibol, así como, dunha pequena andaina polos camiños máis singulares da parroquia.
Colaboran: