Colocar as bandeiras para adornar as rúas da parroquia é un traballo que cada vez se complica máis pola ausencia de relevo xeracional.
En consecuencia, dende a directiva da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós decidimos que a organización soamente vai colocar bandeiras no Campiño da Igrexa Parroquial.
Así mesmo, novamente optouse por tomar unha decisión “Salomónica” e repartiremos as bandeiras entre aqueles socios que desexen engalanar a súa casa, patio ou rúa.
Se así o desexades, poderedes pasar a recoller o voso tramo por xunto ó José Manuel.
19 de Xullo do 2023