Ó longo da semana pasada un operario municipal ó cargo do tractor rozadoira, procedía a esquilmar o monte comunal do pobo de Zarracós, colaborando así na limpeza axeitada das faixas de protección contra incendios forestais.
Este monte, supón un total de case 3,5 hectáreas de superficie. O ano pasado, dende a asociación de veciños xa se procedera á corta dos piñeiros que incumprían ditas faixas de protección, e nunha intervención posterior, grazas a colaboración da Asociación Cultural A Broa Sendeirismo e esta mesma asociación creouse o denominado “Bosque da Xuventude” nunha pequena parte deste monte, onde se plantaron árbores axeitadas, concretamente: carballos.
Aproveitando o fío deste artigo, queremos animar a toda veciñanza a que roce aquelas terras que se atopan dentro das faixas de protección contra incendios forestais. Se premedes no seguinte enlace podedes acceder ó mapa con información das mesmas:
https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/
28 de Agosto do 2023